xoves, 28 de xaneiro de 2021

Concurso de micropoemas e microrrelatos DINAMIZAESTRADA 2021

 Está en marcha a sétima edición do Concurso de microrelatos e micropoemas organizada por DINAMIZAESTRADA, Equipos de Dinamización Lingüística dos Centros Educativos da Estrada. 

Este ano as palabras escollidas foron: CABALOS, para os microrrelatos, e LINDO para os micropoemas, en homenaxe aos títulos da autora escollida para as Letras Galegas do 2021, Xela Arias.

Aquí podes ler, descargar, imprimir... as bases do certame. ANÍMATE E PARTICIPA!!!


CELBRAMOS O DÍA DE CASTELAO

Como todos os cursos, celebramos este 30 de xaneiro o Día de Castelao. A Biblioteca, o Departamento de Lingua Galega, e o EDLG propoñen unha serie de actividades arredor da súa obra e a súa figura. Podes consultalas no blogue da Biblioteca do Losada, picando na imaxe:

Castelao e a estradense Virxinia Pereira 
o día do seu casamento (1912)

xoves, 7 de xaneiro de 2021

XA ESTÁ AQUÍ O ALMANAQUE DO SEGUNDO TRIMESTRE. BENVIDO 2021


Comezamos o ano ofrecéndoche o calendario do segundo trimestre deste curso. Continuamos dedicándolle os diferentes meses a persoas senlleiras da nosa cultura. Recordámosche ademais as efemérides máis salientables de cada mes.  Estes contidos foron escollidos por Andrea Mosteiro Sanxiao, alumna do EDLG, que cursa 2º BAC.

A continuación podes descargar e imprimir o calendario deste segundo trimestre:

calendario20-21-2t by elogolosada