sábado, 27 de novembro de 2021

NOVEMBRO, MES DA CIENCIA EN GALEGO (II)

Rematamos novembro cunha nova actividade arredor da ciencia en galego. 

O alumnado de 2º Bach de Ciencias da terra e do medioambiente ofreceron unha magnífica actividade  divulgativa sobre os  homenaxeados polo Día da Ciencia en Galego, Turing e Tarsy Carballas e da homenaxeada pola Real Academia Galega de Ciencias este ano, Ximena F. de la Vega, xenetista. 

A actividade tivo como destinatarios os grupos de 1º da ESO, o xoves 25 e o venres 26. Conformaron ademais un público atento e participativo e non fallaron na resposta dos xogos e actividades que o alumnado de Bacharelato lles propuxo.

Un DEZ para todos e todas e para a CIENCIA EN GALEGO.

Aí quedan algunhas imaxes:







NOVEMBRO, MES DA CIENCIA EN GALEGO (I)

Este curso celebramos a ciencia en galego de diferentes maneiras. A primeira foi unha estupenda xornada de traballo do alumnado de 1º ESO que participou moi activamente na experiencia de MICORRIZADO DE CASTIÑEIROS. 

Guiados/as polo profe Jacobo do Departamento de madeira e da profe Maite, de Bioloxía, dedicáronse a buscar as raíces dos castiñeiros do xardín do centro para impregnalas con hifas de fungo (boletus) coa esperanza que saian no próximo outono uns ricos cogomelos.

A experiencia resultou moi interesante e serviu para aprender novas palabras na nosa lingua relacionadas co ámbito cientítico. Aí quedan algumhas imaxes: