mércores, 30 de novembro de 2016

O VIDEO DO CORO DO HOCKERILL EUROPEAN COLLEGE NA IGREXA ROMÁNICA DE OUZANDE

O pasado 18 de outubro e dentro das actividades organizadas polo IES Antón Losada Diéguez no Intercambio Musical e cultural co Hockerill European College tivo lugar un momento musicalmente máxico.O Coro do Hockerill College interpretou a peza God so loved the world by John Stainer na Igrexa románica de Ouzande no contexto dunha visita guiada á mesma. Aí tés o vídeo para o gozares:

xoves, 24 de novembro de 2016

Nastasia Zürcher Beat Trío no Losada.

O DÍA DA MÚSICA NO IES ANTÓN LOSADA DIÉGUEZ O IES Antón Losada Diéguez celebrou, como ven sendo tradición, o día de Santa Icía, patroa da música, cun concerto musical de primeiro nivel.
Nesta ocasión, a artista convidada foi a cantante galego-suíza, Natasia Zürcher acompañada de Narci Rodríguez e Adrián Saavedra. O concerto tivo lugar  martes 22, no Salón de Actos do instituto e asistiu o alumnado de 3º e 4º de ESO, así como o de 1º de Bacharelato. A actividade foi organizada polo Departamento de Música e contou coa colaboración do Departamento de Inglés e da Vicedirección de Actividades Culturais.

Aí quedan as imaxes dunha mañá intensa e chea de moi boa música e boas vibracións.





O equipo de audiovisuais do EDL editou este vídeo, no que Nastasia interpreta un dos seus temas en galego, Voar.

venres, 18 de novembro de 2016

ENTREGA DE DIPLOMAS DO DÍA DA CIENCIA EN GALEGO

O xoves 17 de novembro tivo lugar a entrega dos diplomas que recoñecen o labor dos científicos e científicas en prácticas participantes na experiencia das Xornadas pola ciencia en galego que se realizaron o 3 e o 4 de novembro no IES Antón Losada. Aí queda a imaxe do acontecemento.


No mesmo acto, presentouse este vídeo que resume as actividades do VII Día da Ciencia en Galego no Losada, realizado polo Equipo de Audiovisuais do Equipo de Dinamización Lingüística.

domingo, 13 de novembro de 2016

O alumnado do Losada asiste á representación de Os vellos non deben de namorarse.

Un grupo de 60 rapaces e rapazas do IES Antón Losada Diéguez asistiu o pasado venres á representación da obra de Castelao, Os vellos non deben de narmorarse, que tivo lugar nun ateigado Teatro Principal da Estrada.

O público premio cunha grande ovación o traballo da compañía Teatro do Morcego, encabezada polo actor Celso Parada.

A representación está promovida pola Deputación de Pontevedra, a fin de divulgar a figura e a obra do escritor galego. O EDL Losada e o Dto. de Galego foron os encargados da organización da actividade de dinamización no Losada.

Algúns rapaces de Bacharelato non quixeron marchar sen tirar unha foto cos seus actores favoritos, tamén coñecidos polas súas aparicións televisivas.

xoves, 10 de novembro de 2016

SEGUNDA XORNADA NA CELEBRACIÓN DO DÍA DA CIENCIA EN GALEGO NO LOSADA

Tableta asquerosa, Torres de Hanoi, Nim, Cubo soma, Fórmula de Arquímedes, Teorema de Pítagoras..., foron os nomes dalgunhas das actividades que o Departamento de Matemáticas e o alumnado de 1º de Bacharelato prepararon para a celebración da segunda entrega da celebración do VII Día da Ciencia en Galego. Os recreos do pasado venres, 4 de novembro, serviron para que un numeroso grupo de rapaces e rapazas, convenientemente guiados polos organizadores, experimentaran diferentes propostas realacionadas co ámbito matemático dun xeito lúdico e na nosa lingua. Como dicían os carteis: UNHA LINGUA SEN LÍMITES.
A celebración das xornadas pola CIENCIA EN GALEGO completáronse cunha mostra de carteis sobre persoas da ciencia ás que se lle  dedicou estes anos esta celebración.
Aí quedan as imaxes:



xoves, 3 de novembro de 2016

Primeira Xornada da Semana da Ciencia en Galego no Losada.

Globos máxicos, que se inchan sen soprar, billetes que arden e non se queiman, festa da escuma, bebidas mutantes, e mesmo boliñas de sabores para probar. Éxito total esta mañá na celebración do Día da Ciencia en Galego no IES Antón Losada da Estrada.
Durante dúas horas o alumnado de ESO atendeu con entusiasmo ás magnígicas experiencias, moi ben explicadas na nosa lingua, que o alumnado de 2º e 1º de Bacharelato de Bioloxía realizou no Salón de Actos, guiados pola profe Maite. Para que o público gozase aínda máis, e non perdese detalle, habilitouse a transmisión na pantalla do Salón de actos, dos experimentos nun primeirísimo plano, paro o que contamos co inestimable traballo de Nerea Peleteiro, de 4º.
Aí vos deixamos as mellores imaxes. Mañá máis.

Na primeira sesión, o alumnado de Bacharelato realizou os experimentos para 1º e 2º ESO.



Na segunda sesión, o alumnado de 1º de Bacharelato realizou os experimentos para 3º e 4º ESO.





martes, 1 de novembro de 2016

O DÍA DA CIENCIA EN GALEGO NO IES ANTÓN LOSADA




Chega a sétima edición da Xornada pola Ciencia en Galego nos centros educativos do país. Xa non podemos contar coa magnífica organización que nos ofrecía a Coordinadora Galega de ENDL, xa que esta foi disolta recentemente. Sen embargo, grazas á colaboración de diversos Departamentos didácticos e do EDL Losada, ofrecemos durante esta semana unha serie de actividades de cara a reivindicar o uso do idioma galego en todas actividades relacionadas cos ámbitos científicos e técnicos dentro do ensino secundario. Así, convidamos á comunidade educativa a participar nunhas actividades nas que o alumnado asumirá o papel protagonista e dinamizador, tanto como docentes como destinatarios das mesmas:

CELEBRACIÓN DO DÍA DA CIENCIA EN GALEGO



XOVES 3 DE NOVEMBRO

Salón de Actos



Experimentos científicos realizados polo alumnado de Bacharelato



De 10:45 a 11:35. Alumnado de 2º Bacharelato, dirixido a 1º de ESO E 2º DE ESO



De 11:35 a 12:25. Alumnado de 1º Bacharelato, dirixido a 3º de ESO e 4º de ESO



VENRES 4 DE NOVEMBRO

Zona da entrada do instituto.



1º e 2º recreo. Xogos matemáticos explicados polo alumnado.



TODA A SEMANA



Mostra de paneis divulgativos sobre personaxes da ciencia aos que se lle dedicou o DÍA DA CIENCIA EN GALEGO. Nos corredores do centro.



EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA, DEPARTAMENTOS DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA, FÍSICA E QUÍMICA E MATEMÁTICAS