martes, 30 de maio de 2017

O coro IES Antón Losada Diéguez na despedida de 2º Bac. No niño novo do vento.

O noso coro agasallou aos rapaces e rapazas que remataron o bacharelato con varias pezas musicais. Aí queda No niño novo do vento..

O VÍDEO DO CORRELINGUA 2017

Un ano máis ofrecémosche o vídeo do Correlingua da Estrada. Aí van a edición 2017, a cargo do equipo de audiovisuais do EDL Losada.


xoves, 18 de maio de 2017

As imaxes do Correlingua 17 na Estrada

16 de maio de 2017. Volvemos, un ano máis, ao Correlingua. Aí vai unha selección de fotos para abrir boca. Estamos preparando o vídeo. Picando na primeira poderás ver máis...






Obradoiro de portugués no Losada.

Coa colaboración do Concello da Estrada, o pasado 8 de maio tivo lugar no Salón de Actos do centro unha interesante actividade que achegou o alumnado de 4º de ESO á lingua portuguesa. A iniciativa OPS! O portugués simples está promovida pola AGAL, Asociación Galega da Lingua, e ven desenvolvéndose con moi bo acollemento en ducias de centros de ensino do país.
A profesora Tamara Varela fixo un entretido e brillante achegamento á nosa lingua irmá que non deixou indiferentes aos rapaces e rapazas do Losada.

Aí quedan unhas imaxes:




mércores, 17 de maio de 2017

A piña de Regiomontano

No IES Antón Losada (A Estrada) participamos na edición deste ano no concurso convocado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Matemáticas da USC, Explícoche matemáticas 2.0. Facémolo con este vídeo no que rescatamos un problema do século XV. Entre outras cousas, trátase de poñer en evidencia que as matemáticas poden, e deben, ir da man da normalización lingüística, por moito que lles pese aos que defenden o decreto do plurilingüismo e a ideoloxía subxacente de expulsión da lingua galega do ensino do ámbito científico. 
Aí está o vídeo que fixemos:


 Podes informarte en profundidade sobre o tema picando AQUÍ.