luns, 8 de abril de 2024

ALMANAQUE DO EDLG XA Á TÚA DISPOSICIÓN


XA ESTÁ Á TÚA DISPOSICIÓN O ALMANAQUE COMPLETO DO 3º TRIMESTRE!!!

Neste curso, como fixemos nos anteriores trimestres, cada mes está dedicado a unha escritora da literatura galega contemporánea, e aínda quedou sitio para incluír un refrán do mes.

Seguimos con María Lado, Luísa Villalta e Lupe Gómez. Canta poesía!

Xa está nas aulas, pero aquí, podes descargar e imprimir o teu almanaque:
 

Almanaque EDLG_Losada 3ºtri... by elogolosada

luns, 11 de marzo de 2024

ENTREGA DE DIPLOMAS CONCURSO LITERARIO DINAMIZAESTRADA 2024


O pasado 7 de marzo na Biblioteca do Losada foron entregados os diplomas dos finalistas e gañadores e gañadoras do Concurso de Microrrelatos e Micropoemas do noso centro.

MODALIDADE: MICRORRELATOS_PALABRA ESCOLLIDA: MÚSICA

CATEGORÍA B1, 1º E 2º ESO

Finalistas: ALEIXO AGRA PAMPÍN, 1º ESO  e  ENMA VILLANUEVA SIMÓN, 1º ESO

Gañadora: LIDIA MÁRQUEZ MÉNDEZ, 1º ESO

CATEGORÍA B2, 3º E 4º ESO e FPB

Finalistas: BRAIS NOGUEIRA CORRA,  3º ESO e NOEL RAMOS CARAMÉS, 4º ESO

Gañador: IAGO LUEIRO DOS SANTOS, 1º FPB CARPINTARÍA

CATEGORÍA C, BACHARELATO E CICLOS


Finalistas: XABIER FERRO MIRANDA, 2º BAC  e SARA RIBADAVIA FERRO, 2º BAC

Gañador: PABLO ROSENDE LÓPEZ, 2º BAC

MODALIDADE: MICROPOEMAS_PALABRA ESCOLLIDA: SILENCIO


CATEGORÍA B1, 1º E 2º ESO

Finalistas: LUCÍA RODRÍGUEZ FINS, 1º ESO e ZAIRA COSTA SÁNCHEZ, 1º ESO

Gañador: XOEL RIVADULLA DURÁN, 1º ESO

CATEGORÍA B2, 3º E 4º ESO e FPB

Finalistas: ALEX FERNÁNDEZ GAÑETE, 3º ESO e ADELAIDA VILARIÑO GÓMEZ, 4º ESO

Gañadora: IRIA PÉREZ MARTÍNEZ, 4º ESO

CATEGORÍA C, BACHARELATO E CICLOS

Finalistas: HUGO BOTANA GAÑETE 2º BAC e NAYARA CONSTENLA FINS 2º BAC

Gañador XABIER FERRO MIRANDA 2º BAC

Os traballos gañadores serán publicados nun libro conxunto cos centros de ensino de DINAMIZAESTRADA que lles será entregado aos seus autores e autoras na XI Festa das Palabras que se celebrará no mes de maio no Teatro Principal da Estrada.

Podes ver todas as fotos picando na imaxe:

 A ACTA COMPLETA DO XURADO


 

 

domingo, 7 de xaneiro de 2024

O ALMANAQUE DO 2º TRIMESTRE DO CURSO Á TÚA DISPOSICIÓN

XA ESTÁ Á TÚA DISPOSICIÓN O ALMANAQUE COMPLETO DO 2º TRIMESTRE!!!

Neste curso, como fixemos no primeiro trimestre, cada mes está dedicado a unha escritora da literatura galega contemporánea, e aínda quedou sitio para incluír un refrán do mes.

Seguimos con Olga Novo, María Xosé Queizán, e Alba Cid. Canta poesía!

Xa está nas aulas, pero aquí, podes descargar e imprimir o teu almanaque:
 

Almanaque Edl-losada 23-24-2ºT by elogolosada

martes, 2 de xaneiro de 2024

NADAL EN GALEGO 2023

Un ano máis, o EDLG do Losada propónche unha serie de novidades para ler, ver ou escoitar e sempre gozar na nosa lingua. Agardamos que gustes.

Podes descargar o cartel aquí:

Recomendacións lectoras NAD... by elogolosada