mércores, 26 de abril de 2017

Quico Cadaval no IES Antón Losada

O prestixioso actor, autor e director teatral, Quico Cadaval achegouse hoxe ao noso centro, nunha actividade patrocinada polo Concello da Estrada.
O recoñecido contacontos e monologuista contou historias de orixe popular que relacionou coa obra literaria de Valle Inclán. Precisamente, o próximo 12 de maio, o Concello da Estrada programa a representación da obra A cabeza do dragón, primeira obra representada en galego de Valle, dirixida por Cadaval e na que el mesmo representa ao escritor galego.
Na actividade participou o alumnado de 4º ESO e 1º Bacharelato, e tamén tivemos con nós aos rapaces e rapazas de 4º de ESO do IES Nº1.
Aí deixamos as imaxes do evento:








Ollos de auga, de Domingo Villar no Club de Lectura

O Club de Lectura dos máis peques do Losada achegouse á novela policial a través da exitosa Ollos de auga, de Domingo Villar.
O pasado 25 de abril, os rapaces e rapazas xogaron a ser detectives, como se ve nas imaxes, e falaron sobre o moito que gozaron coa obra do escritor vigués.






As imaxes do Roteiro Teatral e Musical de Avelaíñas en Callobre

A Aula de Teatro Avelaíñas do IES Antón Losada recibía, en colaboración con outras entidades estradenses, a centos de visitantes chegados de Touro, Laxe e Palas de Rei. Moitos eran actores e actrices que participaron na tarde do domingo 23 de abril no V Festival de Teatro Escolar. As obras representáronse no Teatro Principal da Estrada, segundo o horario previsto e tamén houbo tempo para desprazarse á parroquia de Callobre onde participaron nun Roteiro Musical e Teatral. Aí quedan as imaxes:





 
  Foto: Portal de Noticias

  Foto: Portal de Noticias

  Foto: Portal de Noticias

  Foto: Portal de Noticias

 Foto: Portal de Noticias

Roteiro Castelao (I) Pazo de Oca

Aí quedan as imaxes da primeira etapa do Roteiro Castelao na Estrada que este ano promove o EDL e A Biblioteca do Losada. Despois dunha serie de actividades, o alumnado participante nas mesmas, desprazouse a tarde do pasado 28 de marzo ao Pazo de Oca. Alí, ademais de identificar os lugares que inspiraron a Castelao para os seus deseños, puideron gozar dos espectaculares xardíns do Pazo, e pleno comezo da primavera.
Aí quedan as imaxes:




sábado, 22 de abril de 2017

V Festival de teatro Escolar na Estrada.

O domingo 23 de abril terá lugar na Estrada a quinta edición do Festival de teatro escolar organizado por Avelaíñas Teatro. Aí deixamos o cartel do evento e algunhas imaxes da preparación do Roteiro Musical e Literario que terá lugar no Castro e Fervenza de Callobre.




                                          Faro de Vigo

As imaxes de Avelaiñas no Principal con Mananciais de Historias.

Aí quedan as imaxes da posta en escena de Mananciais de historias a cargo de Avelaíñas Teatro. Tivo lugar o pasado 25 de marzo nun Teatro Principal da Estrada practicamente cheo.
Picando na imaxe poderás ver máis fotos:

https://goo.gl/photos/NxrGeHonoL2226Pj9