domingo, 19 de marzo de 2023

A EXPOSICIÓN "cantáMOLA EN GALEGO" NO LOSADA

Ata o martes 28 de marzo poderemos desfrutar no noso centro dunha das exposicións máis exitosas destes últimos anos. Trátase da mostra sobre música galega do século XXI "cantáMOLA EN GALEGO", que fai un interesante percorrido polos grupos e tendencias musicais das dúas primeiras décadas do milenio. A exposición foi realizada polo Servizo de normalización lingüística, A lingua Latexa, do Concello de Pontevedra. Podes consultar información nesta páxina 

 
Imaxe da expo no corredor da Biblio. Ata o 28 de marzo

A unidade didáctica pode descargarse AQUÍ. Tamén se creu unha listaxe de reprodución en SPOTIFY e outra de vídeos das cancións en YOUTUBE

Ademais de gozares coa expo e todos os materiais, o EDLG Losada preparou un concurso no que podes participar e gañar premios.


domingo, 12 de marzo de 2023

ENTREGA DE DIPLOMAS CONCURSOS LITERARIOS DINAMIZAESTRADA 2023

O pasado 10 de marzo na Biblioteca do Losada foron entregados os diplomas dos finalistas e gañadores e gañadoras do Concurso de Microrrelatos e Micropoemas do noso centro. 

Foron:

MODALIDADE: MICROPOEMAS
PALABRA ESCOLLIDA: ESPELLO

CATEGORÍA B1, 1º E 2º ESO
Finalistas:
NEREA CAMPOS RODRÍGUEZ, 2º ESO
ALEJANDRA VEGA EIRAS, 2º ESO
Gañadora:
CARLA ÁLVAREZ FONTENLA, 2º ESO

CATEGORÍA B2, 3º E 4º ESO
Finalistas:
UXIA VILARIÑO NOVIO, 4º ESO
SONIA RÍOS CORES, 3º ESO
Gañadora:
NOELIA FERREIRO PORTO, 4º ESO

CATEGORÍA C,  BACHARELATO E CICLOS
Finalistas:
NOA TOSAR ROCAMONDE, 1 BAC
SARA RIBADAVIA FERRO, 1 BAC
Gañadora
YARA FUENTES MOSTEIRO  1 BAC

MODALIDADE: MICRORRELATOS
PALABRA ESCOLLIDA: CAMIÑO

CATEGORÍA B1, 1º E 2º ESO
Finalistas:
LORENA BALADO GAMALLO, 1º ESO
LÍA TATO MATALOBOS, 1º ESO
Gañadora:
AINOHA FUENTES CASTRO, 1º ESO

CATEGORÍA B2, 3º E 4º ESO

Finalistas
LARA REY ROSENDE 3º ESO
CARLA IGLESIAS BLANCO, 4º ESO
Gañador:
NOEL RAMOS CARAMÉS, 3º ESO A 

CATEGORÍA C,  BACHARELATO E CICLOS
Finalistas:
PAULA PUENTE FERNÁNDEZ  1 BAC
DARÍO BLANCO RUZO  1 BAC
Gañador:
GABRIEL MARÍN SINDE, 1º BAC

Podes ver todas as fotos da entrega picando na imaxe:

Podes consultar a acta do xurado AQUÍ

mércores, 8 de marzo de 2023

ENTREGA DE DIPLOMAS E ANUNCIO DOS GAÑADORES E GAÑADORAS DO CONCURSO LITERARIO DINAMIZAESTRADA 2023

 NON O PERDAS. ESTE VENRES 10 DE MARZO



O EDLG do Losada presente no Día de Rosalía

O pasado xoves 23 de febreiro, celebrouse un ano máis o Día de Rosalía coa lectura de poemas no Teatro Principal organizada polo Concello da Estrada, e na que participaron os EDL dos centros de ensino. En representación do Losada leron, moi ben, Eva Covas Iglesias (Mais ve que o meu corazón) e Daniel Canicova Cerviño (Por que?)




 

 

Ciencia en galego con Benito Dorrío.

 Un  ano máis contamos coa presenza   Benito Dorrio, catedrático de Física da Universidade de Vigo, que volveu ao centro para falarnos de Luz e cor, dentro do proxecto Física Re-creativa. Actividade do Dto. de Física e Química e do EDLG #cienciaengalego