mércores, 20 de maio de 2026

OS VIDEOXOGOS EN GALEGO

 

O pasado venres, 17 de abril, puxemos fin á semana dedicada aos videoxogos en galego co obradoiro e charla, moi interesantes, a cargo de Ana Doval Fernández, traductora, comunicadora e investigadora de videoxogos da Universidade de Vigo.

O alumnado de 1º BAC mesmo tivo a oportunidade de xogar a un dos xogos realizados por este proxecto e tamén de coñecer o proceso de tradución/localización dos videoxogos. Moi interesante e divertido.


O TEU PROXECTO EN GALEGO

A nova LOOIFP implementa os proxectos de fin de ciclo en todos os niveis da FP: básico, medio e superior. Ata o curso 2024-2025 soamente eran os estudantes de ciclo superior quen tiñan que elaborar e presentar este proxecto para poder titular. Son moitos aqueles alumnos ou alumnas que, aínda que galegofalantes, optan por redactar o proxecto en castelán. Entre os motivos nos que se escudan é que os programas de ofimática están en castelán ou que a información atopada na rede está tamén en castelá. 

A través dunha comunicación vía carteis e comunicacións aos titores dos grupos, dende o EDLG incentivarase o uso do galego para a redacción destes proxectos e ofrecerase asistencia e apoio para as dúbidas en lingua galega.

Obxectivos:

·        Fomentar a expresión en lingua galega nas distintas familias profesionais.

·        Asociar o galego a contextos formais onde non é obrigado o seu uso.

·        Mellorar a competencia lingüística do alumnado en contextos formais.