O pasado luns, 16 de novembro, celebramos a primeira actividade de celebración do Mes da ciencia en galego. O alumnado de 1º Bacharelato participou na videoconferencia da prestixiosa neurocientífica galega, Sonia Villapol, que nos falou desde o seu centro de traballo en Houston de que "Só a ciencia nos rescatará da pandemia". Magnífica charla que foi seguida con moita atención por todo o alumnado.
A científica galega forma parte do Equipo de Investigación Internacional da COVID-19.
Aí quedan algunhas imaxes do evento nas aulas de 1º BAC, así como o vídeo da charla.
Ningún comentario :
Publicar un comentario