luns, 16 de marzo de 2026

Actividade GA-LEGO

 O pasado venres, o alumnado do primeiro ciclo de administrativo foi quen de participar na actividade promovida polo equipo de dinamización da lingua galega do centro: Ga-Lego.

A través de distintas dinámicas, os alumnos tiveron que recrear sitios da nosa comunidade. Foi preciso o uso da imaxinación e tamén a colaboración.

Un posto de rosquillas das festas de Moraña, un paseo en barco pola ría de Ferrol, un día no Son do Camiño, o paseo de Silgar ou unha visita á Domus. Serás capaz de identificar estas construccións nas seguintes fotos?


Finalizamos traballando en equipo algunhas propostas de negocio para A Estrada: unha churrería con reparto a domicilio e unha pista deportiva. Podes velas nas seguintes maquetas.



Quedamos con ganas de máis :)


venres, 13 de marzo de 2026

CONCURSO DE MICROPOEMAS E MICRORRELATOS DINAMIZAESTRADA 2026

 



O alumnado do Losada participou na XIII edición do certame literario dos centros educativos da Estrada, que nesta ocasión recordaban á escritora Begoña Caamaño, con palabras extraídas dos seus títulos: AZUL E NOITE.

Os resultados do noso centro foron os seguintes:

 

MICROPOEMAS

PALABRA ESCOLLIDA: NOITE

 

CATEGORÍA B2

Finalistas: Nicolás Silva Rey 3ºESO  e Noa Iglesias Marque 3º ESO

Gañadora: Eva Calvelo Rivas 4º ESO

 

CATEGORÍA C, 

Finalistas: Pablo Cabaleiro Fernández, 1º BAC e Antía Garrido Portela, 2º BAC

Gañador: Iker Recio Matalobos, 2º BAC

 

MICRORRELATOS

PALABRA ESCOLLIDA: AZUL

 

 

CATEGORÍA B2

Finalistas: Mauro Míguez Conde 3º ESO  e Iago Cabaleiro Fernández 3º ESO

Gañadora: Lidia Márquez Méndez 3º ESO

 

CATEGORÍA C

Finalistas:

Iker Recio Matalobos 2ºBAC  e Lara Rey Rosende 2º BAC

Gañadora: Antía Buela Bugallo 1º BAC

 

Os traballos gañadores serán publicados nun libro conxunto cos centros de ensino de DINAMIZAESTRADA que lles será entregado aos seus autores e autoras na XIII Festa das Palabras que se celebrará no mes de maio no Teatro Principal da Estrada.

Noraboa a todos os participantes!



domingo, 1 de marzo de 2026

O LOSADA SEGUE PARTICIPANDO NAS CELEBRACIÓNS DO DÍA DE ROSALÍA 2026

 


A través da Radio Xoven do Losada, seguimos a participar nas actividades que se realizan no noso concello con motivo do Día de Rosalía 2026.

O pasado sábado, 28 de febreiro, Sara Calvo de 4º ESO, Bruno López e Brais Regenjo do 2º curso do CB de Carpintaría e Moble, participaron no programa de Radio Estrada, O Recuncho da lingua, dirixido por Pilar Bernárdez.

Presentaron un orixinal traballo sobre a figura e obra de Rosalía que non nos deixou indiferentes. Podes escoitar a súa intervención abaixo, a partir do minuto 15:00



Café de pota: Edición Entroido

 No café de idiomas desta semana tivemos de convidada a Jeanine, a auxiliar de conversa do noso centro procedente dos EUA. Puidemos intercambiar as tradicións gastronómicas galegas e comparalas cas dos Estados Unidos, onde descubrimos que temos en común que nos gusta moito o dulce.

Tras a conversa en galego e inglés, rematamos a xornada cunha degustación de orellas na que non sobraron nin as migas!