Chega a sétima edición da Xornada pola Ciencia en Galego nos centros educativos do país. Xa non podemos contar coa magnífica organización que nos ofrecía a Coordinadora Galega de ENDL, xa que esta foi disolta recentemente. Sen embargo, grazas á colaboración de diversos Departamentos didácticos e do EDL Losada, ofrecemos durante esta semana unha serie de actividades de cara a reivindicar o uso do idioma galego en todas actividades relacionadas cos ámbitos científicos e técnicos dentro do ensino secundario. Así, convidamos á comunidade educativa a participar nunhas actividades nas que o alumnado asumirá o papel protagonista e dinamizador, tanto como docentes como destinatarios das mesmas:
CELEBRACIÓN DO DÍA DA CIENCIA EN GALEGO
XOVES 3 DE NOVEMBRO
Salón de Actos
Experimentos científicos realizados polo alumnado de Bacharelato
De 10:45 a 11:35. Alumnado de 2º Bacharelato, dirixido a 1º de ESO E 2º DE ESO
De 11:35 a 12:25. Alumnado de 1º Bacharelato, dirixido a 3º de ESO e 4º de ESO
VENRES 4 DE NOVEMBRO
Zona da entrada do instituto.
1º e 2º recreo. Xogos matemáticos explicados polo alumnado.
TODA A SEMANA
Mostra de paneis divulgativos sobre personaxes da ciencia aos que se lle dedicou o DÍA DA CIENCIA EN GALEGO. Nos corredores do centro.
EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA, DEPARTAMENTOS DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA, FÍSICA E QUÍMICA E MATEMÁTICAS
Ningún comentario :
Publicar un comentario