O DÍA DA MÚSICA NO IES ANTÓN LOSADA DIÉGUEZ O IES Antón Losada Diéguez celebrou, como ven sendo tradición, o día de Santa Icía, patroa da música, cun concerto musical de primeiro nivel.
Nesta ocasión, a artista convidada foi a cantante galego-suíza, Natasia Zürcher acompañada de Narci Rodríguez e Adrián Saavedra. O concerto tivo lugar martes 22, no Salón de Actos do instituto e asistiu o alumnado de 3º e 4º de ESO, así como o de 1º de Bacharelato. A actividade foi organizada polo Departamento de Música e contou coa colaboración do Departamento de Inglés e da Vicedirección de Actividades Culturais.
Aí quedan as imaxes dunha mañá intensa e chea de moi boa música e boas vibracións.
O equipo de audiovisuais do EDL editou este vídeo, no que Nastasia interpreta un dos seus temas en galego, Voar.
Ningún comentario :
Publicar un comentario