Achégase o Samaín e o equipo de dinamización do galego ten un novo concurso: micropesadelos!
Conta o teu pesadelo máis recurrente do Losada, o máis terrorífico posible.
Aquí tes como podes participar:
- Escribe o teu micro pesadelo ambientado no instituto. Pode ser nunha clase, nun recreo o cando máis medo teñas (máximo nun folio).
- Pode ser escrito a man ou ordenador,e pode estar acompañado de imaxes, canto máis terroríficas mellor.
- Envia o teu relato a ler.nolosada@gmail.com ou entregao no mostrador da biblioteca, indicando o teu nome completo, curso e grupo antes do 29 de outubro.
Haberá premio para o que máis medo meta!
Prepárate para o 31, máis actividades de Samain están á volta da esquina....

Ningún comentario :
Publicar un comentario