Despois de dous cursos cunha celebración restrinxida e unha entrega
simbólica dos premios dos concursos literarios, volve a Festa das
palabras na súa plenitude. No Teatro principal da Estrada o próximo
mércores 25 de maio ás 20:30 horas.
Na festa serán entregados os premios do concurso de microrrelatos (palabra loita) e micropoemas (palabra infinda). Alí estarán os rapaces e rapazas do Losada gañadoras en cada categoría:
Jonay Pardal Hernández, Alba Alvarellos Pose, Sabela Bragaña Rodríguez
Nerea Campos
Rodríguez, Xabier Ferro Miranda e Claudia Teixeira Barros
Cómpre destacar que a festa será presentada e conducida por Cristian Rivadabia Iglesias e Inés López Pose, de 2º Bacharelato do noso centro.
Podes informarte de todos os detalles desta celebración no blog de DINAMIZAESTRADA
Ningún comentario :
Publicar un comentario