domingo, 23 de maio de 2021

ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA XELA ARIAS 2021

FALLO DO XURADO DO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA XELA ARIAS

LETRAS GALEGAS 2021

O Xurado do Concurso de Fotografía Xela Arias das Letras Galegas 2021 valorou moi positivamente a cantidade e calidade dos traballos presentados ao mesmo. Foi complicado facer a escolla das imaxes finalistas que reuniron orixinalidade, calidade e adecuación ao poema escollido por cada unha delas.

O xurado quere facer felicitar a estes finalistas e a todos e todas os participantes polo traballo realizado.

A elección dos gañadores e gañadoras foi realizada por votación de 20 representantes do profesorado e doutros sectores da comunidade educativa do Losada. Así, unha vez feito o reconto de votos, o xurado decidiu outorgar as seguintes mencións e premios:

-Mención para as fotografías finalistas, que reciben un diploma e un vale de cafetería:

Candela Rivas Neira 1º ESO

Sara Ramos Vázquez 2° ESO

Uxía Vilariño Novio 2º ESO

Xeila Gomez Naveiro 3°ESO

Xabier Ferro Miranda 3º ESO

Uxía Docampo Magariños 3° ESO

David José Alvarellos Moure 3°ESO

Iria Rodríguez Arias 4º ESO

-Accésits para os seguintes participantes, que reciben un diploma, un vale de cafetería, unha pulseira de coiro cun lema en galego e un libro de Xela Arias:

Jacobo Ibáñez Vinseiro 3º ESO

Joel Castro Toledo 1º ESO

-Segundo premio do concurso, que recibe un diploma, un vale de cafetería, unha pulseira de coiro cun lema en galego e un libro de Xela Arias, para:

Roberto Vilas López 3º ESO

-E primeiro premio do concurso, que recibe un diploma, un vale de cafetería, unha cunca de Rosalía de Castro e un libro de Xela Arias para:

Laura Piso Migúelez 1°Bach





 


Ningún comentario :

Publicar un comentario