Nas pasadas semanas realizáronse no centro diferentes actividades organizadas polo Departamento de Matemáticas que tiveron como fío condutor a utilización do galego no ámbito matemático e científico en xeral.
A primeira delas foi o martes 22 de marzo, cadrando co inicio da primavera. Realizouse unha vez máis o experimento Eratóstenes por parte do alumnado de 4º ESO, guiado polo seu profe Cibrán. Utilizando unha mesa, un pao de 1 m. de lonxitude, un nivel e a sombra do sol, calcularon, a partir de operacións básicas de trigonometría, a circunferencia da terra.
Esta actividade realízase en máis centros do mundo ao mesmo tempo.
Por outra banda, o pasado mércores 14 de abril, tivemos a ocasión de contar
no salón de usos múltiples do Losada cos profesores da Universidade de Vigo,
Nicanor Alonso Mirás, autores do Libro Mate-glifos.
O alumnado de 4º e tamén de 2º de ESO tivo a ocasión de desfrutar dunha interesante e amena charla sobre enredos e entretementos matemáticos. Podes ler unha completa crónica no Blog da Biblioteca.
Ningún comentario :
Publicar un comentario