elogho! Blogue do Equipo de Dinamización Lingüística do IES Antón Losada Diéguez da Estrada
mércores, 7 de marzo de 2018
Certame de microrrelato da Escola Oficial de Idiomas
A EOI de Pontevedra celebra un certame de micro-relato o vindeiro martes 13 de marzo en colaboración co Concello de Pontevedra.
RELATOS: as persoas participantes deberán crear un texto literario de 150 palabras como máximo “in situ”, durante 2 h, a partir da “inspiración” que lles suxiran 3 palabras escollidas no momento de comezar a proba. PARTICIPANTES: Poderán participar no concurso todas as persoas que o desexen (sexan ou non alumnado da EOI de Pontevedra). PREMIOS:
1º premio: vale de 200€ para a compra de libros, CDs ou DVDs en galego
2º premio: vale de 150 € para a compra de libros, CDs ou DVDs en galego
3º premio: vale de 100€ para a compra de libros, CDs ou DVDs en galego
Ademais, o xurado resérvase a posibilidade de entregar dous accésits de 50€ cada un.
A sección da Estrada súmase á iniciativa de 19.30 a 21.30 na aula 109.
ANÍMATE E PARTICIPA
BASES DO CONCURSO
Subscribirse a:
Publicar comentarios
(
Atom
)
Ningún comentario :
Publicar un comentario