Trátase dunha serie de DIÁLOGOS CIENTÍFICOS e divulgativos que serán expostos de xeito ameno e divertido por parte de alumnado dos cursos de Bacharelato aos rapaces e rapazas da Educación Secundaria. A astronomía, os incendios, a trigonometría, as ETS, etc. centraran estes diálogos que terán lugar o próximo martes, día 7, no Salón de Actos do Losada.
Horario:
De 10:45 a 11:35
2º de ESO E 4º DE ESO
De 11:35 a 12:25
1º de ESO e 3º de ESO
A actividade está organizada polo EDL Losada e polos departamentos didácticos de Bioloxía e Xeoloxía, e de Matemáticas.
Ningún comentario :
Publicar un comentario