O pasado martes, 30 de maio, presentouse no Concello da Estrada a 3º Edición da Festa das Palabras, organizada polos Equipos de Dinamización Lingüística, DINAMIZAESTRADA, e que conta coa colaboracón do Concello. No acto estaban presentes representantes dos EDL dos centros educativos e a Concelleira de Educación, Amalia Goldar.
Desctacouse a importancia da actividade para a dinamización da lingua entre a comunidade educativa, así como o valor desta iniciativa realizada de xeito conxunto entre todos os centros educativos do Concello da Estrada.
Deuse a coñecer tamén o padriño desta nova edición, que neste caso será o escritor Antonio García Teijeiro. A parte musical da festa correrá a cargo do Coro "IES Antón Losada Diéguez"
A data de celebración do evento será o próximo martes 6 de xuño, ás 20:30 no Teatro Principal da Estrada, e no mesmo serán entregados os premios aos 62 rapaces e rapazas gañadoras nesta edición do III Concurso de micropoemas e microrrelatos, que neste ano de Carlos Casares debían incluír as palabras VENTO e VERÁN, respectivamente.
Tamén se presentou o libro no que se recollerán os traballos gañadores, cuxa portada e marcapáxinas foron realizados pola deseñadora estradense Rosa de Cabanas. A publicación inclúe, de novo, 14 ilustración realizadas polo alumnado de infantil dos sete colexios de primaria da Estrada.
Destacar que nesta ocasión estarán presentes, unha vez máis, 6 alumnos e alumnas do IES Antón Losada Diéguez, que acadaron premios nas súas catergorías.
Elena Bernárdez, Antía Sala, David Álvarez, Andrea Fraiz, Noa Puente, Juan José Rey
Ademais o Coro do IES Antón Losada Diéguez será o encargado de poñer a parte musical do evento coa interpretación de varias pezas.
Coro IES Antón Losada Diéguez
Ningún comentario :
Publicar un comentario