MANANCIAIS
DE HISTORIAS
invita ao espectador a entrar no mundo da creatividade, do xogo, da
cor, da fantasía, da ledicia… como elementos esenciais sobre os
que se estrutura a aprendizaxe dos personaxes que transitan polas
diversas historias deste espectáculo localizado nun ascensor.
A
través dun traballo interpretativo coral que combina linguaxe
corporal, física e verbal prodúcese unha reflexión intensa e
caleidoscópica sobre unha temática variada do mundo actual: o acoso
escolar, a explotación laboral, a violencia física e verbal, o
consumismo, o papel da muller na sociedade actual, os contidos da
publicidade, as revistas e programas do corazón, as relacións de
parella…
Varias
propostas escénicas ensambladas coma un delicado mecanismo de
reloxería, mimadas ata o máis mínimo detalle para acadar que o
espectador transite polos carreiros da emoción, da sorpresa e da
fantasía. Unha obra ateigada de luz, movemento, son, cor… adicada
a todos seres humanos que non teñen voz.
ESTE SÁBADO 25 DE MARZO ÁS 20:00 NO TEATRO PRINCIPAL DA ESTRADA
NON PODES FALTAR
Imaxe: Concello da Estrada
Ningún comentario :
Publicar un comentario