Tableta asquerosa, Torres de Hanoi, Nim, Cubo soma, Fórmula de Arquímedes, Teorema de Pítagoras..., foron os nomes dalgunhas das actividades que o Departamento de Matemáticas e o alumnado de 1º de Bacharelato prepararon para a celebración da segunda entrega da celebración do VII Día da Ciencia en Galego. Os recreos do pasado venres, 4 de novembro, serviron para que un numeroso grupo de rapaces e rapazas, convenientemente guiados polos organizadores, experimentaran diferentes propostas realacionadas co ámbito matemático dun xeito lúdico e na nosa lingua. Como dicían os carteis: UNHA LINGUA SEN LÍMITES.
A celebración das xornadas pola CIENCIA EN GALEGO completáronse cunha mostra de carteis sobre persoas da ciencia ás que se lle dedicou estes anos esta celebración.
Aí quedan as imaxes:
elogho! Blogue do Equipo de Dinamización Lingüística do IES Antón Losada Diéguez da Estrada
xoves, 10 de novembro de 2016
xoves, 3 de novembro de 2016
Primeira Xornada da Semana da Ciencia en Galego no Losada.
Globos máxicos, que se inchan sen soprar, billetes que arden e non se queiman, festa da escuma, bebidas mutantes, e mesmo boliñas de sabores para probar. Éxito total esta mañá na celebración do Día da Ciencia en Galego no IES Antón Losada da Estrada.
Durante dúas horas o alumnado de ESO atendeu con entusiasmo ás magnígicas experiencias, moi ben explicadas na nosa lingua, que o alumnado de 2º e 1º de Bacharelato de Bioloxía realizou no Salón de Actos, guiados pola profe Maite. Para que o público gozase aínda máis, e non perdese detalle, habilitouse a transmisión na pantalla do Salón de actos, dos experimentos nun primeirísimo plano, paro o que contamos co inestimable traballo de Nerea Peleteiro, de 4º.
Aí vos deixamos as mellores imaxes. Mañá máis.
Na primeira sesión, o alumnado de Bacharelato realizou os experimentos para 1º e 2º ESO.

Na segunda sesión, o alumnado de 1º de Bacharelato realizou os experimentos para 3º e 4º ESO.
martes, 1 de novembro de 2016
O DÍA DA CIENCIA EN GALEGO NO IES ANTÓN LOSADA
Chega a sétima edición da Xornada pola Ciencia en Galego nos centros educativos do país. Xa non podemos contar coa magnífica organización que nos ofrecía a Coordinadora Galega de ENDL, xa que esta foi disolta recentemente. Sen embargo, grazas á colaboración de diversos Departamentos didácticos e do EDL Losada, ofrecemos durante esta semana unha serie de actividades de cara a reivindicar o uso do idioma galego en todas actividades relacionadas cos ámbitos científicos e técnicos dentro do ensino secundario. Así, convidamos á comunidade educativa a participar nunhas actividades nas que o alumnado asumirá o papel protagonista e dinamizador, tanto como docentes como destinatarios das mesmas:
CELEBRACIÓN DO DÍA DA CIENCIA EN GALEGO
XOVES 3 DE NOVEMBRO
Salón de Actos
Experimentos científicos realizados polo alumnado de Bacharelato
De 10:45 a 11:35. Alumnado de 2º Bacharelato, dirixido a 1º de ESO E 2º DE ESO
De 11:35 a 12:25. Alumnado de 1º Bacharelato, dirixido a 3º de ESO e 4º de ESO
VENRES 4 DE NOVEMBRO
Zona da entrada do instituto.
1º e 2º recreo. Xogos matemáticos explicados polo alumnado.
TODA A SEMANA
Mostra de paneis divulgativos sobre personaxes da ciencia aos que se lle dedicou o DÍA DA CIENCIA EN GALEGO. Nos corredores do centro.
EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA, DEPARTAMENTOS DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA, FÍSICA E QUÍMICA E MATEMÁTICAS
mércores, 26 de outubro de 2016
Entrega de premios do Concurso de Lemas no Día da Biblioteca.
O pasado luns, 24 de outubro, e día Internacional das Bibliotecas, entregáronse os premios do I Concurso de Lemas de animación á lectura. O acto celebrouse na Biblioteca do Centro e o xurado valorou moi positivamente a participación do alumnado e a calidade dos traballos presentados. Os premios foron os
seguintes.
seguintes.
Mostra cos orixinais gañadores
Asistentes á entrega de premios
Entrega de premios
Premiados e premiadas
mércores, 19 de outubro de 2016
A crónica do encontro musical e cultural co Hockerill Anglo-European College
Día intenso o do martes 18 de outubro, no IES Antón Losada. A música encheu a mañá no centro, grazas á visita dunha comitiva de case 50 persoas, alumnado e profesores do colexio Hockerill, especializado en ensinanzas musicais.
Arredor das 10 da mañá facían chegada en autobús, e foron recibidos polo profesorado organizador e pola Dirección do centro e polo alumnado do Coro.
A partir das 11, comezou no Salón de Actos o encontro musical. O Coro do Losada interpretou pezas do repertorio tradicional na nosa lingua. Estiveron acompañados polo grupo de música tradicional que fixo as delicias dos nosos convidados. Remataron bailando de xeito espóntaneo cos nosos rapaces e rapazas.
Como remate á benvida musical e cultural, proxectouse un vídeo elaborado polo Equipo de Audiovisuais do EDL Losada, en galego e inglés, sobre os aspectos máis salientables do noso Concello.
A seguir tivo lugar a esperada actuación da Big Band do Hockeril Anglo-European College, que fixo un percorrido por diferentes pezas da música contemporánea. A calidade interpretativa dos rapaces e rapazas de Hockerill non deixou indiferentes aos asistentes, que aplaudiron cada peza de xeito entusiasta. O concerto rematou co intercambio de agradecementos despois dunha magnífica sesión de encontro musical.
Ao mediodía, a comitiva do Hocckerill College, acompañada dun grupo de alumnos e alumnas de Bacharelato do Losada, dirixiuse ao adro da parroquia de Ouzande, onde compartiron a hora do xantar, á que seguiu unha visita guiada á Igrexa Románica de Ouzande. Esta rematou coa inesperada e magnífica interpretación por parte dun Coro formado por alumnos e alumnas do Hockerill, dunha peza polífonica do século XVIII dentro do templo ouzandés, que emocinou aos presentes pola súa fermorsura e calidade.
A tarde rematou cun relaxado paseo pola contorna da Fervenza de Ouzande e os seus Muíños.
A actividade foi organizada polo Departamento de Música do IES Losada Diéguez, e contou coa colaboración do Dto. de Inglés, do EDL Losada, e da AC A Fervenza de Ouzande.

sábado, 15 de outubro de 2016
O Coro do Losada participa no Intercambio musical e cultural co HOCKERILL ANGLO-EUROPEAN COLLEGE
O próximo martes, 18 de outubro, o IES Antón Losada recibirá a visita dun grupo de perto de 50 alumn@s e profes do Hockerill Anglo-European College, co que se realizará un intercambio musical e cultural. No salón de Actos do Losada terá lugar un concerto no que interpretarán pezas os nosos convidados e convidadas e tamén o Coro do Losada e o grupo de música tradicional do mesmo. A seguir deixamos imaxes dos ensaios que veñen realizando para a ocasión.
Tamén se desprazarán á parroquia estradense de Ouzande, onde farán unha visita á Igrexa románica de San Lourenzo, á que seguirá un percorrido pola fermosa contorna dos Muíños da Fervenza de Ouzande.
A actividade está organizada polo Departamento de Música, e conta coa colaboración do Dto de Inglés, o EDL Losada e da AC A Fervenza de Ouzande.
venres, 14 de outubro de 2016
O Club de Lectura do Losada inicia as súas actividades deste curso.
No día de hoxe tivo lugar a presentación do Club de Lectura do IES Antón Losada Diéguez. Tratábase dunha primeira xuntanza de todos e todas as interesadas, realizada na Biblioteca do centro.
Na imaxe vemos o nutrido grupo de 1º e 2º de ESO que comezará as súas lecturas lendo a Asterix. Será nesta ocasión O PAPIRO DO CÉSAR.
Na imaxe vemos o nutrido grupo de 1º e 2º de ESO que comezará as súas lecturas lendo a Asterix. Será nesta ocasión O PAPIRO DO CÉSAR.
Subscribirse a:
Publicacións
(
Atom
)