E para poderes cantalo, aí vai o vídeo:
E XA SABES, NESTES DÍAS DE AMOR. PODES DICIRLLO OU ESCRIBIRLLO EN GALEGOelogho! Blogue do Equipo de Dinamización Lingüística do IES Antón Losada Diéguez da Estrada
luns, 8 de febreiro de 2021
LINGUA DE AMOR 2021
xoves, 28 de xaneiro de 2021
Concurso de micropoemas e microrrelatos DINAMIZAESTRADA 2021
Está en marcha a sétima edición do Concurso de microrelatos e micropoemas organizada por DINAMIZAESTRADA, Equipos de Dinamización Lingüística dos Centros Educativos da Estrada.
Este ano as palabras escollidas foron: CABALOS, para os microrrelatos, e LINDO para os micropoemas, en homenaxe aos títulos da autora escollida para as Letras Galegas do 2021, Xela Arias.CELBRAMOS O DÍA DE CASTELAO
xoves, 7 de xaneiro de 2021
XA ESTÁ AQUÍ O ALMANAQUE DO SEGUNDO TRIMESTRE. BENVIDO 2021
A continuación podes descargar e imprimir o calendario deste segundo trimestre:
mércores, 30 de decembro de 2020
VISITA VIRTUAL Á EXPOSICIÓN GALICIA, DE NÓS A NÓS
A actividade tivo lugar o xoves, 10 de decembro ás 10.00, para un grupo de alumnos/as, e venres 18 de decembro, ás 12.30 h, para o outro grupo.
Máis info sobre a mostra: GALICIA, DE NÓS A NÓS
mércores, 16 de decembro de 2020
NADAL 2020 EN GALEGO
mércores, 2 de decembro de 2020
SEGUIMOS A CELEBRAR O MES DA CIENCIA EN GALEGO NO LOSADA
O pasado luns seguimos a celebrar a ciencia en galego. O alumnado de 4º ESO asistiu á videoconferencia programada para ese día a cargo do profesor e comunicador Xacobo de Toro. Unha interesantísima e entretida aproximación á realización e difusión de vídeos científicos.
Tomamos nota para poder chegar a ser algún día youtubeir@s científic@s.