Non podía faltar aquí a reseña da XII Festa das palabras Dinamizaestrada na que o Losada estivo tan ben representado. Foi o mércores 28 de maio, nunha noite moi especial nun Teatro Principal ateigado de palabras, música e xente. Parabéns aos nosos premiadas e premiadas Hans Peñaranda, Álvaro Fuentes, Adelaida Vilariño, Lidia Márquez, Sarela Picallo e Uxía Seoane. Nesta edición da festa correspondeu a presentación da mesma a Iker Recio e Lara Rey, de 1º Bacharelato do Losada, que fixeron unha condución do acto extraordinaria. Tamén estiveron por alí, acompañando e entregando os premios dunha das categorías, Conchi Carbajal e Xabier Camba. Non faltou a fermosa alocución da madriña, Susana Sanches Arins, e a música a cargo de de O Regueiriño de Lamas.
O EDLG Losada desvelou o agardado resultado do Concurso de fotografía Letras galegas que este ano xiraba arredor das cantareiras e cantigas da nosa música tradicional.
Presentáronse máis de 50 traballos, dos que o EDLG escolleu un total de 10 finalistas, que están expostas no corredor da biblioteca.
O xurado, formado por 30 persoas docentes e traballadoras do centro otorgou mediante votación os seguintes mencións e premios:
Ángela Cabanas Gestoso
Adrián Reboredo Carracedo
Ainoha Castro Rebolo
Aurora Rico Criado
Daniela Prieto Loureiro
Pedro Fandiño Mella
e Maite Fernández Mella
Os premidados e premiadas foron:
1º Martín Carro Martíne
2º Xián Torres Castro
3º Eva Calvelo Rivas
Recibiron diversos agasallos, entre os que destacamos a ilustración da autoría de Rosa de Cabanas sobre as cantareiras galegas, libros da Festa das palabras Dinamizaestrada, láminas de Antón Losada Diéguez ou marcapáxinas de Animosa
PARABÉNS A TODOS E A TODAS!!!!
Por outra banda, tamén foi publicado o podcast elaborado por alumnado do EDLG de 2º de FP Básica de Informática e que contén unha entrevista a Domingo Blanco
e Antón Santamarina para coñecer máis sobre as persoas ás que se lles
adica no ano 2025 o Día das Letras Galegas.
A actividade completouse
cunha charla de Domingo Blanco na que participou o alumnado de 1º de Bacharelato. Tivo lugar o pasado mércores 12 de marzo.
Despois do proxecto levado a cabo no primeiro trimestre, a aula de teatro do Losada, Avelaíñas, continuou co seu traballo que deu como resultado a posta en escena da obra, Xoana sen medo, baseada no popular conto dos Irmans Grimm, e adaptada polo director Fran Campos.
A Aula de teatro do Losada,
AVELAÍÑAS, presenta o espectáculo no que veu traballado nos dous últimos
trimestres, despois do realizado no primeiro, A vida é un cásting.
Xoana sen medo é unha adaptación teatral, en clave de clown, do famoso conto dos irmáns Grimm, realizada polo director do grupo, Fran Campos.
Un Rei promete a
man do seu presumido fillo, e polo tanto a coroa e o reino, a quen sexa
capaz de pasar unha noite no seu castelo encantado.
Preséntanse catro
candidatas, entre elas Xoana, que se dispoñen a pasar a noite entre
pantasmas, cabaleiros defuntos, vampiros… Pero como “quen ten cu, ten
medo”, irán descubrindo que tanto uns como outras teñen os seus
conflitos, as súas frustracións, dúbidas, medos: a soidade, o fracaso, a
morte… e irán axudándose entre todos e todas.
E que pasa con Xoana, gañará a proba ou terá tamén algún medo que descoñece?
Un obra que fala sobre como enfrontarse, xestionar e convivir cos medos propios.
Os pases que se realizaron foron os seguintes:
MARTES 1O DE XUÑO
16:30: 2º ESO e 4º ESO
17:10: 1º BAC e 3º ESO
MÉRCORES 11 DE XUÑO
20:00: Familias, profesorado e público xeral
LUNS 16 DE XUÑO
IES A BASELLA
Vilanova de Arousa
Unha vez máis, o resultado do traballo foi excelente, acandando o aplauso e felicitación en todos os pases realizados.
Picando na foto poderás coas mellores imaxes da actividade