Se queres formar parte da Aula de teatro Avelaíñas, achégate á reunión que terá lugar este xoves, 25 de setembro no salón de usos múltiples ás 12:25.
Ven e goza do teatro!
elogho! Blogue do Equipo de Dinamización Lingüística do IES Antón Losada Diéguez da Estrada
Se queres formar parte da Aula de teatro Avelaíñas, achégate á reunión que terá lugar este xoves, 25 de setembro no salón de usos múltiples ás 12:25.
Ven e goza do teatro!
Un curso máis o EDLG do Losada ofréceche unha ferramenta útil para organizáreste mellor: o almanaque mensual.
Nesta primeira avaliación cada mes está dedicado a unha muller científica galega:
Ángeles Alvariño, Olimpia Valencia, Ángela Ruíz Robles e María Wonemburguer dedicaron a súa vida á investigación científica e á divulgación en diferentes ámbitos e disciplinas.
Xa está nas aulas, pero aquí, podes descargar e imprimir o teu almanaque:
Non podía faltar aquí a reseña da XII Festa das palabras Dinamizaestrada na que o Losada estivo tan ben representado. Foi o mércores 28 de maio, nunha noite moi especial nun Teatro Principal ateigado de palabras, música e xente. Parabéns aos nosos premiadas e premiadas Hans Peñaranda, Álvaro Fuentes, Adelaida Vilariño, Lidia Márquez, Sarela Picallo e Uxía Seoane. Nesta edición da festa correspondeu a presentación da mesma a Iker Recio e Lara Rey, de 1º Bacharelato do Losada, que fixeron unha condución do acto extraordinaria. Tamén estiveron por alí, acompañando e entregando os premios dunha das categorías, Conchi Carbajal e Xabier Camba. Non faltou a fermosa alocución da madriña, Susana Sanches Arins, e a música a cargo de de O Regueiriño de Lamas.
Podes ver moitas máis fotos do envento AQUÍ.
Un novo curso de teatro no Losada.
Despois do proxecto levado a cabo no primeiro trimestre, a aula de teatro do Losada, Avelaíñas, continuou co seu traballo que deu como resultado a posta en escena da obra, Xoana sen medo, baseada no popular conto dos Irmans Grimm, e adaptada polo director Fran Campos.
A Aula de teatro do Losada, AVELAÍÑAS, presenta o espectáculo no que veu traballado nos dous últimos trimestres, despois do realizado no primeiro, A vida é un cásting.
Xoana sen medo é unha adaptación teatral, en clave de clown, do famoso conto dos irmáns Grimm, realizada polo director do grupo, Fran Campos.
Un Rei promete a man do seu presumido fillo, e polo tanto a coroa e o reino, a quen sexa capaz de pasar unha noite no seu castelo encantado.
Preséntanse catro candidatas, entre elas Xoana, que se dispoñen a pasar a noite entre pantasmas, cabaleiros defuntos, vampiros… Pero como “quen ten cu, ten medo”, irán descubrindo que tanto uns como outras teñen os seus conflitos, as súas frustracións, dúbidas, medos: a soidade, o fracaso, a morte… e irán axudándose entre todos e todas.
E que pasa con Xoana, gañará a proba ou terá tamén algún medo que descoñece?
Un obra que fala sobre como enfrontarse, xestionar e convivir cos medos propios.
Os pases que se realizaron foron os seguintes:
MARTES 1O DE XUÑO
16:30: 2º ESO e 4º ESO
17:10: 1º BAC e 3º ESO
MÉRCORES 11 DE XUÑO
20:00: Familias, profesorado e público xeral
LUNS 16 DE XUÑO
IES A BASELLA
Vilanova de Arousa
Unha vez máis, o resultado do traballo foi excelente, acandando o aplauso e felicitación en todos os pases realizados.
Picando na foto poderás coas mellores imaxes da actividade
Xa circula de man en man a nosa publicación.
Moitas páxinas con artigos, crónicas, reportaxes, ilustración, creación, unha fermosa capa a toda cor co noso NOVO LOSADA (@rosadecabanas)
Ademais, podes descargala e vela a toda cor aquí:
A Festa terá lugar o 28 de maio no teatro principal ás 8 da tarde e podes consultar toda a información sobre a mesma no blog de DINAMIZAESTRADA.
O Losada, coma sempre, estará representado polo alumnado gañador dos concursos de micropoemas e microrrelatos nas súas respectivas categorías.
Ademais, nesta edición, a presentación do acto correrá a cargo de Lara Rey Rosende e Iker Recio Matalobos, de 1º Bacharelato do Losada.E o 21 de maio o alumnado de 4º ESO participou activamente no Correlingua 2025 celebrado nas rúas e prazas da Estrada.
Convidámoste a visitar a exposición e mesmo podes facelo con este documento que elaboramos, e responderes ás preguntas que nel se fan sobre cada panel.
Preguntas Para a Expo Das Letras Galegas 2025 by elogolosada
Podes consultar máis materiais sobre a exposición e outros traballos arredor do Día das Letras Galegas AQUÍ.
Nesta ocasión poderás escoller algún dos 10 textos que aparecen no cartel, facer unha fotografía inspirada no que che suxira e enviala a ler.nolosada@gmail.com. Podes enviala ata o día 20 de maio.
Anímate que haberá premios para os mellores traballos.
Os traballos finalistas exporanse no corredor da biblioteca e en días posteriores farase público o traballo gañador. Está atento/a!!!
O pasado 22 de abril, na mesma semana do 50 aniversario da Revolución dos cravos, que puxo fin de xeito pacífico á ditadura portuguesa, a escritora estradense, Tereixa Constenla, xornalista de El País, achegouse ao Losada para falar do seu último e exitoso libro, Abril é un país, publicado por Kalandraka.
Máis fotos picando AQUÍ.
Neste curso, como fixemos no primeiro trimestre, cada mes está dedicado a un grupo ou interprete musical feminina da música galega contemporánea, e aínda quedou sitio para incluír un refrán do mes.
Seguimos con Sheila Patricia, Catuxa Salom e Uxía.
O alumnado do Losada participou na XII edición do certame literario dos centros educativos da Estrada, que nesta ocasión homenaxeaban as nosas pandereteiras e á literatura oral e popular.
Os resultados do noso centro foron os seguintes:
Os traballos gañadores serán publicados nun libro conxunto cos centros de ensino de DINAMIZAESTRADA que lles será entregado aos seus autores e autoras na XII Festa das Palabras que se celebrará no mes de maio no Teatro Principal da Estrada.
Podes ver todas as fotos da entrega picando nesta imaxe:
A primeira delas foi a charla dirixida a alumnado de bacharelato de Jose Benito Vázquez Dorrio da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía da Universidade de vigo. Nesta ocasión agasallounos cunha atractiva charla sobre Física Re-creativa: Espectroscopía e Difracción.
A segunda serviu ademais para celebrar o Día da muller e a nena na ciencia. Nesta ocasión a profesora e doutora tamen da EScola de Enxeñaría de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo, Raquel Pérez Orozco, faloulle ao alumnado de 3º ESO sobre A muller na enxeñaría. Aprendemos moito sobre o papel, moitas veces ignorado, das mulleres na ciencia. Tivo lugar o xoves 20 de febreiro.
Este
ano as palabras escollidas foron: PANDEIRETA, para os microrrelatos, e POBO para os micropoemas, en homenaxe as cantareiras e á musica e cancións de tradición popular, a quen se dedican as Letras galegas 2025.
Aquí podes ler, descargar, imprimir... as bases do certame. ANÍMATE E PARTICIPA!!!
Neste curso, como fixemos no primeiro trimestre, cada mes está dedicado a un grupo ou interprete musical feminina da música galega contemporánea, e aínda quedou sitio para incluír un refrán do mes.
Seguimoscon Tanxugueiras, Sés e Mercedes Peón.